Conta da ANPA

A cuota é de 15€. Facer constar nome do alumno/a e curso.
ABANCA: ES71 2080 0515 5130 4000 4767

martes, 1 de septiembre de 2020

Asemblea Xeral Extraordinaria e Ordinaria

 1. Convocamos unha Asemblea Xeral Extraordinaria da ANPA "O Castelo" do IES María Soliño:

  • Data: 15 de setembro de 2020
  • Hora: 20:00 horas
Orde do día:
  • Como único punto, tratarase a elección da nova Xunta directiva.

No caso de que non se presente ningún candidato/a, crearase unha comisión xestora para a disolución do ANPA.
Unha das consecuencias disto, é a non renovación do contrato do autobús de bacharelato e  ABAU, entre outras cousas.



2. Convocamos a Asemblea Xeral Ordinaria do ANPA "Ou Castelo" do IES María Soliño:

  • Data: 15 de setembro de 2020
  • Hora: 20:30 horas
Orde do día:
  • Lectura da acta anterior
  • Estado das contas
  • Informe de dirección
  • ANPA
  • Autobús
  • Rogos e preguntas

Nova directiva

Ola a todos

Na última reunión celebrada en outubro do 2019, comentouse aos asistentes que a directiva ao completo deixaban os seus postos. Preguntouse se alguén se quería anotar para cubrir algún dos postos, pero a resposta foi insuficiente.

Isto quere dicir que actualmente temos sen cubrir ningún dos postos necesarios para constituír o ANPA. 

O ANPA é algo necesario para ocuparse, entre outras cousas, de algo tan importante como o tema dos autobuses, a comunicación entre pais e o centro, así como toda a axuda que desde o centro necesitan ao longo do curso, como o magosto, saídas e excursións, etc.

Sen ANPA o contrato cos autobuses para Bacharelato e ABAU quedará sen renovar!!!

Cantas máis persoas formen o ANPA, máis sinxelo é a repartición de obrigacións, que doutra banda quero explicarvos que o traballo no ANPA do instituto non require de demasiado tempo ou esforzo, a diferenza doutros centros escolares, pero si é necesaria a súa constitución.

As persoas que constitúen o ANPA axudan a TODOS os nosos fillos, creo que é un esforzo que todos deberiamos de agradecer, pero sobre todo deberiamos arrimar o ombreiro e algún ano apuntarnos e colaborar. É moi fácil que sempre traballen os mesmos e beneficiarnos do seu esforzo.

Espero que na reunión que se celebrará nos próximos días podamos contar coa vosa colaboración.

Grazas

lunes, 9 de diciembre de 2019

NOTA INFORMATIVA - BUS ABAU

¡MOI IMPORTANTE!


Na reunión extraordinaria celebrada o 18 de outubro de 2019, aprobouse o seguinte:

ALUMNOS DESTE CENTRO:

A partir deste curso, o 2019/20, os alumnos e alumnas de 2º de BACH que non sexan socios/as da ANPA, terán que pagar 40€ do autobús para as ABAU.

ESTE CURSO, os alumnos/as que sexan socios non terán que pagar nada.

A PARTIR DO VINDEIRO CURSO, tomouse a decisión de que para acceder ao autobús gratuíto teñen que ser socios/as, como mínimo 1º e 2º de BACH.

ESTE CURSO respectaranse aos alumnos de 2º de BACH que NON fosen socios/as en 1º de  BACH, pero SÍ HAN DE SELO ESTE ANO, e sen a obrigación de pagar a cota do ano pasado.

ALUMNOS DOUTROS CENTROS:

Os alumnos/as que veñen doutros centros pertencentes á Federación de ANPAS, fosen socios/as no seu centro en 1º de  BACH e paguen este ano a cota de 2º de BACH tamén terán dereito ao uso do autobús do ABAU de forma gratuíta.

No caso de alumnos/as doutros centros que non fosen socios/as en 1º BACH, que cursen este ano 2º BACH no noso centro e paguen a cota de socios/as este curso, deberán abonar 20€ para o autobús do  ABAU.

En caso de non cumprir as condicións anteriores, non pagasen o ANPA nalgún centro da federación algún dos dous anos, deberán abonar 40€ para o autobús do ABAU.

martes, 3 de septiembre de 2019

Reunión ordinaria da ANPA para o curso 19/20

Dámosvos a benvida ao novo curso 19/20


A reunión da ANPA será o vindeiro xoves 12 as 19:30 en primeira convocatoria, e as 20:00 en segunda convocatoria. Orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Informe de dirección.
  • Información sobre o autobús.
  • Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago.
  • Rogos e preguntas.
MOI IMPORTANTE:
A cuota da ANPA será ingresado na conta da ANPA, facendo constar o nome do alumno/a e se pode ser, o curso no que entra.

En caso de ter irmáns en dous centro da Federación de ANPAS, co pago nun único centro chega.
Se facedes o pago noutro centro, debedes mandarnos por correo unha copia do ingreso, e indicar o nome do alumno/a do noso centro.

TEMA AUTOBUSES

Queremos aclarar que neste tema a ANPA o que fai é INFORMAR. Nós tratamos coas compañías de autobuses, Monbus e Cerqueiro, as paradas e horarios que eles marcan, NADA MÁIS, non temos ningunha responsabilidade neste tema.

Os únicos alumnos que dispoñen de servicio de autobús gratuito son os da ESO, que a subvenciona a XUNTA. Bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.