lunes, 7 de septiembre de 2015

Curso 2015-16

Este xoves, dia 10 de setembro, teremos a reunión da ANPA cos país. A primeira convocatoria será as 20:00, segunda 20:30.
Entre outros temas falaremos de:
  • Aprobación da Contas do ano pasado
  • O tema dos autobuses
  • Da posibilidade de adquirir o Tockapp como comunicación cos país
  • Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago
  • Novos membros de ANPA e cambio de cargos
  • Rogos e preguntas
O día 15 será a presentación de 1º da ESO e 1º de Bacharelato as 11:30, e todos os cursos terán que ir o día 16 de setembro as 12:00. As Clases comezan o 17 en horario normal:

  • Luns e Mércores de 8:30 a 15:00
  • Martes, Xoves e venres de 8:30 a 14:00

En relación o tema dos autobuses insistir en que a ANPA trata coas compañias de autobuses Monbus e Cerqueiro as paradas e horarios que eles marcan e nos vos informamos, pero non temos responsabilidade neste tema. A Xunta paga gratuitamente os alumnos da ESO o transporte, os demáis alumnos do centro, bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.

Queremos aclarar que o tema da axuda da Xunta para material escolar  o xestiona o centro directamente. Tedes que cubrir un formulario e adxuntar fotocopia do libro de familia (levar orixinal para compulsar).