sábado, 4 de diciembre de 2021

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA


XUNTA DIRECTIVA, APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR E AXUDA AO IES. DEPARTAMENTO DE ARTES E MUSICA

Venres 3 de Decembro do 2021

Pola presente, o Presidente da Asociación de Nais e Pais O CASTELO, convoca os asociados a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria.

Debido os últimos acontecementos do Covid, non podemos realizar a asemblea de forma presencial e procedemos a realizala a través de votación na plataforma de reconto de votos, coma sucedeu o 4/3/2021.


ORDEN DO DÍA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA (VOTAR OS 3 PUNTOS)

  1. Lectura e aprobación se procede, da Acta da Asemblea anterior. Ler a acta Nº 125.

    Podedes votar ata o día 21.



  2. Aprobación da nova Xunta Directiva:
  3. Presidente: Carlos Cotobad Gómez

    Vicepresidenta: Ana Belén Santervás Sotelo

    Secretario: Daniel Gutiérrez Nogueira

    Tesoureira: Mabel Blanco Prieto

    Vogais: Eduardo J. Suárez Ruibal

      Manuel Pérez Souto

      Alfredo Fernández Riveiro

    Podedes votar ata o día 21


  4. Participación da ANPA para axudar economicamente ao instituto. Debido ao Covid, dende fai dous cursos canceláronse excursións, saídas ou algunhas festas, e aínda que neste curso puidemos celebrar a festa do magosto (no que como sempre a ANPA facilitou as castañas), atopámonos cunha gran cantidade de diñeiro na conta da ANPA que non nos interesa ter.

    Por iso como o ano anterior, preguntamos ao centro se necestiban algun tipo de axuda para os distintos departamentos. O centro comunícanos que agora mesmo os departamentos que reflexan máis carencias son os 3 departamentos de artes e o departamento de música. Enviáronnos 4 presupostos (Ver), e despois de ver as nosas posibilidades, chegamos a conclusión de axudar aos catro departamentos da seguinte maneira:

  • Departamento de Música con 618€ (para adquisición do piano e do soporte).
  • Departamento de Deseño 500€.
  • Os outros dous departamentos de artes 500€ para cada un.

Esto supón un total das axudas de 2.118€. Se estades de acordo votar "SÍ". Podedes votar ata o día 21.


  4.-   Rogos e preguntas (responder a esta entrada do blog).

viernes, 17 de septiembre de 2021

Reunión ordinaria do curso 2021/22

A reunión da ANPA será o vindeiro luns 20 as 19:30 en primeira convocatoria, e as 20:00 en segunda convocatoria. 

Orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Novos membros nos cargos da ANPA
  • Informe de dirección.
  • Estado das contas.
  • Información sobre o autobús.
  • Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago.
  • Solicitud de novas incorporacións de membros.
  • Rogos e preguntas.


MOI IMPORTANTE:

A cuota da ANPA será ingresado na conta da ANPA, facendo constar o nome do alumno/a e se pode ser, o curso no que entra.

En caso de ter irmáns en outros centros da Federación de ANPAS "A Gameliña", co pago nun único centro chega.
Se facedes o pago noutro centro, debedes mandarnos por correo unha copia do ingreso ou deixala na caixa de correos do centro, e indicar o nome do alumno/a do noso centro.


AUTOBUSES
Neste  asunto a ANPA o que fai é INFORMAR. Nós tratamos con Cerqueiro as paradas e horarios que eles marcan, NADA MÁIS, non temos ningunha responsabilidade neste tema.

Os únicos alumnos que dispoñen de servicio de autobús gratuito son os da ESO, que o subvenciona a XUNTA. Bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.

lunes, 13 de septiembre de 2021

Novas do comezo de curso

 Dende o centro comunican a seguinte información:

PRESENTACIÓN. MÉRCORES 15 SETEMBRO 

  • Alumnado de ESO: 11:30 
  • Alumnado de Bacharelato: 11:45 
  • Alumnado de Ciclo: 12:00 

TRANSPORTE. Os autobuses realizarán o traxecto habitual

Recollerán ao alumnado 30/40 minutos antes. (Saída de Donón e Vilanova: 10:50. Saída da igrexa de Domaio 10:30) 

Regreso ás 12:45.

Información curso 2021-2022

Ola a todos,

Comeza o curso 2021/22, dunha forma algo confusa, canto menos.

Podémosvos confirmar que o comezo do curso será o 15, só será a presentación e estamos á espera de confirmar horario, dependerá de que os autobuses poidan subir ás 11:30 ou, senón é posible, ás 08:30.

Debido ao problema dos profesores asignados ao centro, que provocou un atraso na organización deste curso, a reunión Ordinaria da ANPA de comezo de curso non poderá celebrarse antes do 15, informarémosvos en canto podamos poñer data.

Pero si é moi importante, que os alumnos de Bacharelato que utilicen o transporte de  Cerqueriro inscríbanse canto antes, ben  presencialmente na propia empresa ou a través da súa web:

Dirección:     Pol.  Ind. Castiñeiras, 37 - 36939 Bueu (Pontevedra)

                     Avda. de Montero Ríos, s/n - 36940 Cangas (Pontevedra)

Web:             http://www.autobusescerqueiro.es/  En el menú superior escoger ficha, y después pinchar en Institutos

Teléfono:       986 32 02 54

Os primeiros días  Cerqueiro non pedirá o pase aos alumnos, pero a última semana de setembro non poderán subir aqueles alumnos non rexistrados. 

Un saúdo a todos e bo comezo de curso.

lunes, 26 de julio de 2021

Redución de profesores no instituto


O ANPA e a dirección do centro enviamos á prensa un comunicado protestando pola redución de profesores para o curso 2021-2022.

Comunicado No documento tedes toda a información. Neste asunto é necesario o apoio de todos os pais, polo gran prexuízo que supón para os nosos fillos. Iremos comunicando os avances neste tema. Grazas

jueves, 4 de marzo de 2021

Xunta directiva, Novos Estatutos da ANPA e axuda ao IES

Pola presente, a/o Presidente da Asociación de Nais e Pais “O Castelo”, convoca aos asociados a Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria.

Debido ao Covid e a imposibilidade de realizar unha asemblea presencial, realizaremos unha votación a través dunha plataforma de reconto de votos. 

ORDEN DO DÍA  DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

  • Aprobación dos componentes da nova xunta Directiva.
  • Lectura e aprobación si procede, da Acta da Asamblea anterior. Ler
  • Participación da ANPA para axudar ao instituto económicamente para mercar material para o centro. *
  • Rogos e preguntas.

ORDEN DO DÍA DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

  • Proposta de Modificación dos ESTATUTOS da ANPA, e aprobación si procede.**    

Ante a importancia dos asuntos a tratar, esperamos contar coa vosa asistencia pois en caso de ausencia de votos disolverase a ANPA.

* Debido ao Covid, desde o ano pasado canceláronse todo tipo de excursións, saídas ou festas, polo que nos atopamos cunha gran cantidade de diñeiro na conta do ANPA, que non nos interesa ter, por iso queremos ofrecer axuda económica ao instituto, suxeríronnos unha TV para a entrada do centro que lles axude a manter informados aos alumnos, e tamén material deportivo para os recreos.

 ** Tivemos que realizar as modificacións oportunas para adaptar os estatutos a un número de persoas máis reducido, debido á falta de persoas que se apuntaron este ano tras o cesamento da anterior directiva ao completo, pero tamén en previsión de que isto poida pasar nun futuro. Ademais de actualizar os datos dos actuais membros da xunta directiva.

Podedes ler a proposta para os novos estatutos neste enlace: Novos Estatutos do ANPA "O Castelo" do IES María Soliño


A votación finalizará o día 31 de Marzo de 2021