lunes, 31 de octubre de 2016

Pago do ANPA

Lembrámosvos o número de conta do banco onde se debe facer o pago para ser socio/a do ANPA.
IMPORTANTE: No concepto débese poñer o nome do alumno/a do noso centro, así como a clase na que se atopa.

A conta da ANPA é no banco ABANCA:
Nº: 2080 0515 5130 4000 4767

Recordar que a cuota é de 15€/ano. 

En caso dunha familia con alumnos en distintos centros, chegará con pagar nun único centro, asociado á Federación de ANPAS públicas de Cangas, debendo informar debidamente á ANPA do centro onde non se paga.
Nós pedimos para xustificalo, unha fotocopia do recibo xunto co nome do alumno/a do noso centro, podedes elexir algunha destas opcións:

martes, 13 de septiembre de 2016

Reunión ANPA inicio curso 2016/17

Celebrada a Asamblea Ordinaria coa ACTA Nº113, celebrada o 12 de setembro de 2016, Resumo:

  • Presentación, lectura da Acta anterior, correspondente a setembro de 2015, e aprobación.
  • Estado de contas, lectura da relación de ingresos e gastos do ano.
  • Informe de direccicón do centro:
    • Presentación da vicedirectora.
    • Cursos e grupos. Este ano con 505 alumnos entre ESO, TAFAD e BACHARELATO.
    • Profesorado: 51 profesores/as. Con Pedagoga terapeuta e Orientadora. Estando a espera de conseguir un auxiliar de conversa nativo.
    • Plan anual do centro.
    • Seccións bilingües: 3º ESO Tecnoloxía, 4º ESO Informática e 3ºESO CulCla
    • Páxina web e Aula virtual.
    • Nova ley que establece un "Programa de mellora do aprendizaxe e do rendemento" (PEMAR), que se impartirá en 3º ESO, para axudar a promocionar aos que presenten dificultades de aprendizaxe non inmputables a falta de estudo ou esforzo.
    • Actividades extraescolares e complementarias: talleres de recreo, excursión para 4º ESO, celebracións tradicionais como Magosto, Entroido ou Samín. Saídas de día, excursións didácticas, visitas a museos,..
    • Plan de Mellora da Biblioteca: Hora de ler na ESO, Actividades de animación á lectura, Club de lectura con 2º ESO.
    • Instalacións: 3 talleres de Arte, Aula de Tecnoloxía, Aula de Informática, Aula de idiomas.
    • Normas. 3 profesores nas guardas de recreo. Aula de convivencia. Os alumnos da ESO non poden saír do centro, os de BAC só poderán saír con autorización de pais/titores ou os que sexan maiores de idade.
    • As faltas de asistencia serán notificadas o mesmo día por SMS aos pais/titores.
    • Participación do alumnado na vida do centro, a través dos delegados.
    • Horarios do curso.
  • Informe do Tokapp. Informase do motivo da utilización e o seu funcionamento, descarga da APP e alta, pedindo datos aos pais presentes.
  • Lectura dos proxectos da Federación de ANPAS
    • Gratituidade de libros de texto
    • Cursos para a xestión de ANPAS
    • NAE: Nenos con necesidades educativas
    • Charlas sobre a LOMCE
    • CIM: Comisión de Igualdade Municipal
    • Recibos APAS
  • O pavillón do instituto xa está en obras e está previsto que rematen o 15 de outubro.
  • A cuota da ANPA segue a ser de 15€
  • Paradas do autobús, que se poden consultar no blog ou na web do instituto.
  • Rogos e preguntas.

Horarios para o alumnado

O XOVES 15:
  • Entrada no centro para os alumnos de 1º ESO: 11:30h
    • Entrada no centro para os alumnos de 1º BAC: 12:30h
    • Saída do centro para TODOS: 13:15h
    O VENRES 16:
    • Entrada no centro para TODO o alumnado: 12:30h
    • Saída do centro: 13:30
    LUNS 19:
    • Clase en horario normal
    • Luns e mércores de 08:30h a 15:00h
    • Martes, xoves e venres de 08:30h a 14:00h

    jueves, 8 de septiembre de 2016

    Curso 2016/2017

    Benvidos a este novo curso.
    A reunión da ANPA será o vindeiro luns 12 as 20:00. Orde do día:
    • Lectura e aprobación da acta anterior.
    • Estado das contas.
    • Informe de dirección.
    • Informe sobre o Tockapp.
    • Proxectos da Federación de ANPAS.
    • Información sobre o autobús.
    • Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago.
    • Novos membros para o ANPA.
    • Rogos e preguntas.
    Un ano máis insistimos: no tema dos autobuses a ANPA o que fai é INFORMAR, trata coas compañias de autobuses Monbus e Cerqueiro as paradas e horarios que eles marcan, pero non temos responsabilidade neste tema.
    Os únicos alumnos que dispoñen de servicio de autobús gratuito é a ESO, que a subvenciona a XUNTA. Bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.

    IMPORTANTE: A cuota da ANPA será ingresado na conta da ANPA, facendo constar o nome do alumno/a e se pode ser, o curso no que entra.
    En caso de ter irmáns nun centro da Federación de ANPAS, co pago nun único centro chega. Se facedes o pago noutro centro, debedes mandarnos por correo unha copia do ingreso, e indicar o nome do alumno/a do noso centro.

    lunes, 4 de julio de 2016

    Reunión ordinaria cancelada

    Por diversos motivos foinos imposible organizar a reunión ordinaria que se celebra a final de curso.
    Convocámosvos para a seguinte reunión ordinaria a celebrar antes do comezo do curso, en setembro.
    Enviaremos unha mensaxe informando da data e hora unha vez sexa decidida.
    Perdoar as molestias e bo verán.
    Grazas.

    jueves, 30 de junio de 2016

    Familia de acollida

    Queremos comunicarvos que se necesita unha familia de acollida para unha alumno/a sueco/a que estudará no Instituto o próximo curso. Durante a estancia haberá unha asignación económica mensual.
    Os interesados/as pódense poñer en contacto co Instituto ou co ANPA.
    Grazas.