jueves, 25 de septiembre de 2014

Cuota ANPA

A conta da ANPA é no banco ABANCA:
Nº: 2080 0515 5130 4000 4767

Recordar que a cuota é de 15€/ano.

En caso de ter irmans noutros centros que pertenzan á Federación de ANPAS do Morrazo, con facer o pago nun dos centros será suficiente. Precisaremos que comuniquedes ao centro donde non se fai o ingreso desta situación para anotalo, indicando o centro de pago.

Os centros que pertencen á Federación de ANPAS son:
  • A Galiña Azul
  • CEIP Castrillón
  • CEIP Nazaret
  • CEIP San Roque
  • CEIP O Hío
  • CEIP A Rúa
  • IES María Soliño

jueves, 18 de septiembre de 2014

Reunión ordinaria

Celebrada o día 11 de setembro de 2014 ás 20:15.
    • Estado de contas
    • Presentación do curso por parte da vicedirectora Marta García.
    • Alumnos do centro: 456
      Docentes: 47 +1 itinerante
    • Plan anual do centro
    • Pide colaboración ao ANPA para intentar resolver as deficiencias do pavillón asi como a solicitude de pasarela a este.
    • Reclama a adpatación da casa do conserxe como aula de música, porque só hai unha.
    • Normas do centro.
    • Participación do alumnado na vida deste.
    • Horario de inicio do curso.
    • Información dos autobuses
    • Rogos e preguntas.
    • Unha nai pregunta se a auxiliar de conversación é para todos os cursos, a vicedirectora responde que é para os cursos inferiores. Bacharelato non dispoñerá dela.
    • Os alumnos da ESO non están autorizados a saír do centro, os de bacharelato só con autorización asinada por pais ou titores.
    • Lectura e aprobación da acta anterior.
    • Resolvéronse diferentes dúbidas en relación aos autobuses.