lunes, 9 de diciembre de 2019

NOTA INFORMATIVA - BUS ABAU

¡MOI IMPORTANTE!


Na reunión extraordinaria celebrada o 18 de outubro de 2019, aprobouse o seguinte:

ALUMNOS DESTE CENTRO:

A partir deste curso, o 2019/20, os alumnos e alumnas de 2º de BACH que non sexan socios/as da ANPA, terán que pagar 40€ do autobús para as ABAU.

ESTE CURSO, os alumnos/as que sexan socios non terán que pagar nada.

A PARTIR DO VINDEIRO CURSO, tomouse a decisión de que para acceder ao autobús gratuíto teñen que ser socios/as, como mínimo 1º e 2º de BACH.

ESTE CURSO respectaranse aos alumnos de 2º de BACH que NON fosen socios/as en 1º de  BACH, pero SÍ HAN DE SELO ESTE ANO, e sen a obrigación de pagar a cota do ano pasado.

ALUMNOS DOUTROS CENTROS:

Os alumnos/as que veñen doutros centros pertencentes á Federación de ANPAS, fosen socios/as no seu centro en 1º de  BACH e paguen este ano a cota de 2º de BACH tamén terán dereito ao uso do autobús do ABAU de forma gratuíta.

No caso de alumnos/as doutros centros que non fosen socios/as en 1º BACH, que cursen este ano 2º BACH no noso centro e paguen a cota de socios/as este curso, deberán abonar 20€ para o autobús do  ABAU.

En caso de non cumprir as condicións anteriores, non pagasen o ANPA nalgún centro da federación algún dos dous anos, deberán abonar 40€ para o autobús do ABAU.

martes, 3 de septiembre de 2019

Reunión ordinaria da ANPA para o curso 19/20

Dámosvos a benvida ao novo curso 19/20


A reunión da ANPA será o vindeiro xoves 12 as 19:30 en primeira convocatoria, e as 20:00 en segunda convocatoria. Orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Informe de dirección.
  • Información sobre o autobús.
  • Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago.
  • Rogos e preguntas.
MOI IMPORTANTE:
A cuota da ANPA será ingresado na conta da ANPA, facendo constar o nome do alumno/a e se pode ser, o curso no que entra.

En caso de ter irmáns en dous centro da Federación de ANPAS, co pago nun único centro chega.
Se facedes o pago noutro centro, debedes mandarnos por correo unha copia do ingreso, e indicar o nome do alumno/a do noso centro.

TEMA AUTOBUSES

Queremos aclarar que neste tema a ANPA o que fai é INFORMAR. Nós tratamos coas compañías de autobuses, Monbus e Cerqueiro, as paradas e horarios que eles marcan, NADA MÁIS, non temos ningunha responsabilidade neste tema.

Os únicos alumnos que dispoñen de servicio de autobús gratuito son os da ESO, que a subvenciona a XUNTA. Bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.

miércoles, 19 de junio de 2019

Reunión Ordinaria Fin de curso 2018/19



Convocamos aos pais e nais dos alumnos de IES María Soliño para a reunión ordinaria de Fin de curso que se celebrará:

Data: 25 de Xuño
Hora: Primeira convocatoria 19:45, segunda convocatoria 20:00

Puntos a tratar:
  1. Lectura da acta anterior.
  2. Estado das contas.
  3. Informe de dirección.
  4. Renovación da xunta directiva.
  5. Rogos e preguntas.
Agradeceremos a vosa asistencia:

Grazas.

lunes, 20 de mayo de 2019

Autobús en xuño

Para os alumnos de segundo de Bacharel.

IMPORTANTE: Aqueles alumnos que non queiran utilizar o autobús no mes de xuño, deben entregar o carné do autobús en secretaría ou en Cerqueiro para darse de baixa e así non se lles cobre ese mes.