jueves, 22 de octubre de 2020

XORNADAS POLA IGUALDADE

Da Federación de centros públicos "A Gameliña"


A través dunha variedade ampla e surtida de contos, libros e xogos sobre temáticas de igualdade de xénero, bo trato, novos modelos de masculinidade e feminidade, os mitos do amor romántico, o uso axeitado das novas tecnoloxías, etc... rompendo así as barreiras e eliminando os estereotipos relacionados co xénero e por conseguinte loitar para prever situacións de discriminación sexista no futuro.

Trátase pois, de incorporar nas bibliotecas vivas, novos contidos que nos axuden a romper estas barreiras impostas e albergar espazos para todos e todas, xa que hai unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, e xogos onde os seus protagonistas rompen cos roles e estereotipos de xénero.
Con estes novos contidos búscase tamén tratar valores coma o respecto, tolerancia e igualdade entre nenos e nenas, xerando encontros onde coa práctica se establezan os principios de boas relacións, e a non discriminación.

O préstamo levarase a cabo tal e como se determina no protocolo que acompaña esta publicación e solicitarase a través do correo electrónico da Federación A Gameliña (federanpas.cangas@gmail.com) ou poñéndose en contacto coa ANPA de cada centro.

Toda a información en: Federación "A Gameliña"