Dentro duns meses hai eleccións municipais, imos escoller quen vai gobernar os nosos
concellos e imos decidir cal das propostas que nos presenten é a que cremos máis acaída aos nosos
intereses colectivos, como cidadáns, como usuarios e, cal é o noso caso, como familias con fillos en
idade escolar.
O goberno dos Concellos ten nas súas mans a administración máis achegada á realidade
cotiá, a que máis nos afecta; pero tamén ten o potencial de traballar coas outras administracións
públicas para axilizar a relación da cidadanía con institucións moitas veces arredadas ou
dificilmente accesíbeis.
Por iso, queremos facer un catálogo de intencións, isto que logo explicaremos é o que
desexamos que sexa compromiso de calquera partido ou formación que pretenda gobernarnos, e
proxecto e actuación dos que gañen as eleccións.
Para ler todo o documento, fai click no logo
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Eviten el uso de nombres de alumnos en sus comentarios.
No se publicarán comentarios ofensivos.