Benvidos a este novo curso.
A reunión da ANPA será o vindeiro luns 10 as 20:00 en primeira convocatoria, e as 20:30 en segunda convocatoria. Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Estado das contas.
- Informe de dirección.
- Información sobre o autobús.
- Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago.
- Rogos e preguntas.
IMPORTANTE: A cuota da ANPA será ingresado na conta da ANPA, facendo constar o nome do alumno/a e se pode ser, o curso no que entra.
En caso de ter irmáns nun centro da Federación de ANPAS, co pago nun único centro chega. Se facedes o pago noutro centro, debedes mandarnos por correo unha copia do ingreso, e indicar o nome do alumno/a do noso centro.
AUTOBUSES:
Volvemos insistir en que neste tema a ANPA o que fai é INFORMAR, trata coas compañias de autobuses, Monbus e Cerqueiro, as paradas e horarios que eles marcan, pero non temos responsabilidade neste tema.
Os únicos alumnos que dispoñen de servicio de autobús gratuito é a ESO, que a subvenciona a XUNTA. Bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Eviten el uso de nombres de alumnos en sus comentarios.
No se publicarán comentarios ofensivos.