Ola a todos
Na última reunión celebrada en outubro do 2019, comentouse aos asistentes que a directiva ao completo deixaban os seus postos. Preguntouse se alguén se quería anotar para cubrir algún dos postos, pero a resposta foi insuficiente.
Isto quere dicir que actualmente temos sen cubrir ningún dos postos necesarios para constituír o ANPA.
O ANPA é algo necesario para ocuparse, entre outras cousas, de algo tan importante como o tema dos autobuses, a comunicación entre pais e o centro, así como toda a axuda que desde o centro necesitan ao longo do curso, como o magosto, saídas e excursións, etc.
Sen ANPA o contrato cos autobuses para Bacharelato e ABAU quedará sen renovar!!!
Cantas máis persoas formen o ANPA, máis sinxelo é a repartición de obrigacións, que doutra banda quero explicarvos que o traballo no ANPA do instituto non require de demasiado tempo ou esforzo, a diferenza doutros centros escolares, pero si é necesaria a súa constitución.
As persoas que constitúen o ANPA axudan a TODOS os nosos fillos, creo que é un esforzo que todos deberiamos de agradecer, pero sobre todo deberiamos arrimar o ombreiro e algún ano apuntarnos e colaborar. É moi fácil que sempre traballen os mesmos e beneficiarnos do seu esforzo.
Espero que na reunión que se celebrará nos próximos días podamos contar coa vosa colaboración.
Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Eviten el uso de nombres de alumnos en sus comentarios.
No se publicarán comentarios ofensivos.